Gran estrea de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial: quintas tralo seu primeiro podio parcial
Por Redacción
Non comezou nada mal o Mundial de vela olímpica para a pontevedresa Támara Echegoyen e a súa compañeira Berta Betanzos. Debutaron este martes nas augas da baía de Santander e fixérono asinando o seu primeiro podio parcial na clase 49er Fx, un resultado que sumado ao logrado nas outras dúas regatas da primeira xornada de competición, sitúan ao tándem do equipo Movistar na quinta praza da clasificación provisional.
Despois de que o vento tivese permitido que todas as clases participantes completasen parte do programa, Támara Echegoyen e Berta Betanzos estreáronse nesta cita internacional deixando claras as súas intencións de estar o máis arriba posible nesta proba, a competición máis importante da tempada.
Cunhas difíciles condicións para a navegación debido á inestabilidade do vento, o tándem formado pola campioa olímpica en Londres 2012 e a campioa mundial de 470 lograban asinar un quinto, un 13º -parcial que se converte no seu descarte- e un brillante terceiro posto que as coloca nesa quinta posición da xeral, pero á espera de que o segundo grupo da frota dispute mañá a súa terceira proba para definirse unha xeral real.
Este mércores botaranse á auga de novo dispostas a asinar de novo unha gran xornada que lles permita continuar nos postos altas da táboa, liderada este martes polas danesas Ida Marie Baad Nielsen e Marie Thusgaard. Segundas son as francesas Sarah Steyaert e Julie Bossard e o terceiro posto tras este primeiro día é para as italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich.
Relacionadas:
-
Gran oitavo posto para Támara Echegoyen no Mundial de Santander, tras ser quinta na última regata
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen cóase na Medal Race do Mundial e logra praza olímpica para o 49er Fx español
Por Redacción |
-
Discreta xornada no Mundial para Echegoyen e Betanzos, que caen ata a sétima praza
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, a un paso do podio tras a súa segunda xornada no Mundial de Santander
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen afronta o Mundial de 49er Fx en Santander
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos, oitavas no Europeo da clase 49er FX celebrado en Helsinki
Por Redacción |