Tubo, Carnero e Capi, únicas baixas do Pontevedra para o debut ligueiro en Ordes
Por Diego Espiño
Manu Fernández perfila os últimos detalles antes da estrea ligueira do Pontevedra en Ordes (domingo 19:00 horas) consciente de que "es importante estar en los puestos de cabeza desde el principio".
Así o declarou o técnico lerezano e así fíxollo saber aos seus xogadores, que pelexan estes días por figurar no primeiro once da tempada oficial.
Non estarán na lista tres futbolistas. O primeiro deles é Capi, que arrastra unha sanción da súa etapa no Ourense, mentres Carnero e Tubo están descartados por problemas físicos.
Ambos os dous xogadores exercitáronse á marxe do grupo na sesión deste xoves, celebrada no campo do Carrasco de Marcón. Carnero ten problemas na pube, mentres no caso de Tubo padece un pinzamento lumbar do que evoluciona favorablemente pero que non lle permitiu render a bo nivel durante a pretempada.
Quitando estes tres xogadores, Fernández ten o resto do plantel á súa disposición. O preparador asegura que a aliñación non está aínda decidida, pero si "la idea" de como xogarlle a un ÿrdenes que espera mostre "intensidad, presencia física y contraataque".
En canto os rivais dos granates na Terceira División, Manu Fernández vese loitando polo primeiro posto, pero entende que hai varios equipos que lle poñerán as cousas difíciles ao Pontevedra. Entre eles encóntranse, segundo o seu criterio, Boiro, Arosa, Cerceda, As Pontes ou Alondras.
Relacionadas:
-
O Pontevedra inicia oficialmente a tempada coa tradicional ofrenda á Virxe Peregrina
Por Redacción |
-
Viaxe organizada para acompañar o Pontevedra na estrea ligueira en Ordes
Por Redacción |
-
Mal remate de pretempada dun Pontevedra descafeinado e fallón que cae (2-1) fronte ao Xuventú Sanxenxo
Por Ramiro Espiño |