ÿrdenes, primeiro rival para un Pontevedra que comezará o 24 de agosto a liga de Terceira División
Por Alejandro Espiño
24 de agosto, en Ordes (A Coruña). Será a primeira cita do Pontevedra CF co campionato de liga de Terceira División. A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer este sábado, tras a celebración dunha asemblea xeral, o calendario de competición para a tempada 2014-2015. O club granate debutará fóra de casa contra o ÿrdenes, un dos equipos que loitou o ano pasado por clasificarse para o play-off de ascenso.
Unha semana máis tarde, o 31 de agosto, chegará o primeiro partido do Pontevedra en Pasarón. Será contra outro equipo coruñés, o Bergantiños. Ribadeo e Deportivo B serán os seguintes rivais, xusto antes do primeiro derby da tempada. O 21 de setembro, os homes de Manu Fernández terán que visitar A Senra para enfrontarse ao Ribadumia, que se estrea na categoría. E sete días despois será o Sanxenxo que visite Pasarón.
O que se fará de pregar esta tempada é o Pontevedra-Arosa. Haberá que esperar ata a xornada 14, que se disputará o 23 de novembro. O primeiro enfrontamento entre pontevedreses e vilagarcianos será en Pasarón. O partido na Lomba será xa en 2015, concretamente na recta final da tempada, o 12 de abril. Os granates pecharán a primeira volta fóra de casa. Será en Cerceda o 4 de xaneiro.
Xa na segunda volta, os derbys contra Ribadumia en Pasarón e Sanxenxo en Baltar de Arriba, serán o 8 e o 15 de febreiro respectivamente. O Pontevedra pechará a tempada regular no seu feudo, recibindo o Cerceda o 17 de maio.
Outros partidos importantes serán os que enfrontarán aos granates co Boiro (26 de outubro e 15 de marzo) ou co Ás Pontes (14 de decembro e 3 de maio). Ambos foron dous dos principais rivais do Pontevedra a pasada tempada.
AROSA, RIBADUMIA E SANXENXO
Pola súa banda, o Arosa iniciará a liga visitando o Villalbés; mentres que Ribadumia e Sanxenxo recibirán no seu feudo Rápido de Bouzas e Choco, respectivamente. Xa o 17 de maio, os seus últimos partidos serán Ribadumia-Choco e Sanxenxo-Arosa (ida na Lomba o 4 de xaneiro). O Ribadumia-Sanxenxo será o 26 de outubro na Senra e o 15 de marzo en Baltar e o Ribadumia-Arosa xogarase o 21 de decembro e o 10 de maio. Este último na Lomba.
O calendario completo de Terceira División pódese consultar neste enlace.