O Real Valladolid lévase o "Cidade de Pontevedra" ao impoñerse aos granates (0-3)
Por Ramiro Espiño
Boas sensacións, pero pouco máis. E bastante é si se ten en conta que en fronte estaba un equipo de segunda división e que ademais leva unha semana máis de rodaxe que os granates, que apenas suman catro adestramentos e moitas caras novas nas súas filas, coa necesidade de axustarse ao estilo que pretende implantar o técnico Manu Fernández.
No aspecto positivo, destacar a aposta por intentar dar un bo trato ao balón, incluso asumindo riscos no inicio da xogada, e o correcto posicionamiento sobre o campo, cun sistema 4-1-4-1, que haberá que ver si é o que logo se utilice durante a tempada, ou simplemente a consecuencia de non poder contar con Pablo Carnero, con problemas musculares que o deixaron fora deste primeiro ensaio de pretempada.
O Real Valladolid fixo valer a súa superioridade desde o principio, aínda que tamén pasou os seus momentos de apuro, especialmente cando Tubo foi capaz de encarar a Peña, ao que en máis dunha ocasión deixou en evidencia.
Os pucelanos levaron o peso do partido, pero deberon esperar a un erro local para adiantarse no marcador, cando Pedro García intentou sacar un balón desde a frontal do área propia, raso e polo centro, que interceptou Sastre, servindo en profundidade para que Roger encarase a Edu marcando por raso.
Superada a media hora dúas accións de Pedro García e unha de Centrón serviron para neutralizar un pouco o dominio territorial dun Valladolid que tivo que aplicarse en defensa, especialmente para mandar a corner un remate de Jorge Rodríguez, a centro de Tubo, que deixara sentado a Peña cun cano espectacular.
O Pontevedra crecía a medida que ían pasando os minutos, coma se os seus homes fosen atopando o necesario ensamblaxe no sistema. Pero ese estirar liñas deixaba tamén máis exposta a súa zaga, o que aproveitou Roger para rematar unha subida por banda de Peña, que salvou Edu no man a man co dianteiro visitante.
Os dous técnicos renovaron case por completo os seus equipos na segunda parte. Manu Fernández fíxoo en duas tandas, con sete xogadores tralo descanso e tres máis (Paco, Iago e Agus), no minuto 62, deixando que únicamente Adrián disputase os 90 minutos. O ex-granate Rubí faríao á hora de xogo, dando entrada a 10 xogadores dunha tacada, mantendo só no campo a Sastre.
A consecuencia foi que o xogo decaise, pero que os pucelanos incrementasen a súa superioridade, aínda que só ao final lograron ampliar a conta con dous goles de Bergdich, o primeiro cun bo remate raso e cruzado, e o segundo tras revolverse na frontal, desfacerse do sue marcador e bater a Lloves e media altura.
O Pontevedra tería ocasión de recortar diferenzas apenas a dous minutos do final, pero Julio evitou sobre a liña que o remate de cabeza de Benja chegase á rede.
PONTEVEDRA CF (0): Edu; Adrián, Campillo, Pablo, David Feito; Pedro García; Tubo, Mouriño, Jacobo, Centrón; e Jorge Rodríguez. Tamén xogaron: Lloves, Agus, Iago, Capi, Kevin Presa, Anxo, Tomás, Benja, Fran Fandiño e Paco.
REAL VALLADOLID (3): Dani; Xavi Carmona, Samuel, Roda, Pena; André Leao, Sastre; Jeffren, Jorge, Omar; e Roger. Tamén xogaron: Julio, Chica, Marc Valiente, Chus Herrero, Álvaro Rubio, Sekou, Bergdich, Iván Casado, Anuar e ÿscar Díaz.
Árbitro: Daniel Lesta (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Arturo Díaz e Cristian Fernández.
Goles: (0-1) Minuto 15: Roger. (0-2) Minuto 76: Bergdich. (0-3) Minuto 81: Bergdich.
Incidencias: Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra). XXXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra. Uns 600 espectadores. Antón Louro, alcalde en funciones do Concello de Pontevedra, fixo entrega do trofeo ao capitán do Real Valladolid. Gardouse un minuto de silencio en memoria do histórico ex-xogador do Pontevedra, Azcueta, falecido esta mesma semana.