Marín, Pontevedra e Coruxo disputará o triangular 'Vila de Marín'
Por Redacción
O Trofeo Vila de Marín de fútbol chega este domingo 3 de agosto á súa vixésimo sexta edición coa presenza, ademais do Marín, de Pontevedra e Coruxo.
O torneo disputarase no Estadio de San Pedro en formato de triangular dende as 19:00 da tarde, arrancando co encontro entre Marín e Pontevedra. Ás 20:00 xogarase o Marín Coruxo e o partido final enfrontará a Pontevedra e Coruxo.
Os socios do equipo local poderán entrar gratis ao recinto, mentres o resto do público deberá aboar cinco euros.
O Vila de Marín será o terceiro compromiso de pretempada para o Pontevedra Club de Fútbol tras o seu enfrontamento ante o Valladolid e o que afronta este xoves en Mondariz.
Relacionadas:
-
O Pontevedra repite vitoria no Trofeo Vila de Marín ao impoñerse a Marín (2-0) e Coruxo (1-0)
Por Redacción |
-
Vitoria sobre o Mondariz (0-2) con bo xogo dun Pontevedra que volve deixar fulgores ilusionantes
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra aposta polo rosa para a súa segunda equipación
Por Diego Espiño |