Saleta Castro finaliza na quinta praza do Ironman de Lanzarote
Por Diego Espiño
Non puido repetir o podio de hai un ano en terras canarias, pero Saleta Castro logrou finalizar nun meritorio quinto posto o Ironman de Lanzarote.
A triatleta pontevedresa non foi capaz de derrubar a barreira das dez horas parando o cronómetro en 10:12:35 nunha proba na que se impuxo a británica Lucy Gossage (9:41:40).
Susan Blatt (9:44:59) e Corinne Abraham (9:51:41) completaron o podio na categoría profesional feminina.
Saleta realizou un gran segmento de natación, saíndo do auga no segundo lugar tras nadar os 3,8 quilómetros regulamentarios en 55 minutos e 16 segundos.
O tramo de ciclismo, con 180 quilómetros sen posibilidade de ir a roda, foi o peor dos seus tres parciais, baixando á sexta praza logo de 5 horas, 45 minutos e 33 segundos enriba da bicicleta.
Con todo a deportista lerezana foi quen de repoñerse no maratón final para ascender ao quinto lugar, cun parcial de 3 horas, 23 minutos e 38 segundos.
Na categoría masculina o vencedor foi o francés Romain Guillaume (8:47:39), co español Miquel Tinto na segunda praza (8:58:06).
Relacionadas:
-
VIDEO.- Saleta Castro protagoniza unha impactante campaña contra os atropelos a ciclistas
Por Redacción |
-
Décimo quinto posto para Saleta Castro en Los Cabos (México), o seu primeiro Ironman da tempada
Por Redacción |
-
Saleta Castro afronta o seu primeiro Ironman do ano en Los Cabos
Por Diego Espiño |