VIDEO.- Saleta Castro protagoniza unha impactante campaña contra os atropelos a ciclistas
Por Redacción
A pasada semana unha ciclista de 40 anos perdía a vida en Lanzarote tras ser atropelada por un coche cando circulaba co seu marido, que resultou ferido. O condutor deu positivo nas probas de alcoholemia e drogas.
Ese suceso motivou a elaboración de video, publicado no portal de Youtube, elaborado por Valentí Sanjuan e coa triatleta pontevedresa Saleta Castro como protagonista, para denunciar o trato que reciben diariamente os ciclistas na estrada.
O resultado é unha impactante montaxe que reclama respecto aos deportistas e que se garde o metro e medio obrigatorio nos adiantamentos a cilistas.
Co hastag #DescansaEnPaz, os promotores do vídeo esperan colaborar na fin das mortes de ciclistas nas estradas.