Saleta Castro afronta o seu primeiro Ironman do ano en Los Cabos
Por Diego Espiño
Saleta Castro xa se encontra na localidade mexicana de Los Cabos, onde este domingo 30 de marzo participará nun novo Ironman en busca da clasificación para o Campionato do Mundo de tríatlon de longa distancia, que se celebrará en outubro en Kona (Hawaii).
Para chegar alí e cumprir o seu obxectivo a pontevedresa necesita ascender como mínimo ata o posto 35 do ranking de profesionais.
Nestes momentos Saleta encóntrase no posto 65 con 1.125 puntos, a 1.020 de distancia da neozelandesa Candice Hammond, que marca a clasificación para Hawaii.
A deportista lerezana completou dúas probas do circuíto profesional, cun quinto posto en Winsconsin e un sétimo en Cozumel, ambas as dúas en 2013.
Los Cabos será para Saleta Castro a primeira competición do ano en distancia Ironman (3,8 quilómetros de natación, 180 en bicicleta e un maratón final), unha carreira que se prevé dura ao esperarse temperaturas por enriba dos 30 graos e un alto nivel de humidade.
Un dos principais obxectivos da pontevedresa será baixar por primeira vez das 10 horas na distancia completa, pois o conseguiu en Cozumel nun circuíto que tivo que ser reducido no sector de natación polas difíciles condicións meteorolóxicas.
Relacionadas:
-
Saleta Castro finaliza na quinta praza do Ironman de Lanzarote
Por Diego Espiño |
-
Décimo quinto posto para Saleta Castro en Los Cabos (México), o seu primeiro Ironman da tempada
Por Redacción |
-
Sétimo posto para Saleta Castro no Ironman de Cozumel
Por Diego Espiño |
-
A Titan Desert, novo reto para Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro inicia o seu camiño a Hawaii cun quinto posto no Ironman de Wisconsin
Por Diego Espiño |