Jéssica Bouzas levanta en Porto o seu décimo título en torneos ITF
Por Redacción
Primeira alegría do ano para Jéssica Bouzas e empuxón de moral para ela deixando atrás o asalto errado ao primeiro Grand Slam da tempada, o Open de Australia, no que caeu na fase previa.
A tenista arousá deixou iso atrás da mellor maneira posible, vencendo no seu primeiro torneo europeo do curso, o W75 de Porto, en Portugal.
Bouzas avanzou con autoridade no cadro ata unhas semifinais nas que remontou un resultado adverso fronte á francesa Elsa Jacquemont.
Foi un guión semellante ao da final do domingo, e é que Jéssica tivo que remar para vencer á polaca Maja Chwalinska, número 297 do ranking WTA segundo a clasificación actualizada deste luns 29 de xaneiro.
Chwalinska levou o primeiro set por 3-6, pero apareceu entón o mellor xogo da vilagarciá para responder cun contundente 6-0 e rematar na terceira e decisiva manga por 6-4.
É o décimo título do circuíto ITF para Jéssica Bouzas, tal e como destacou a Real Federación Española de Tenis para felicitala polo seu logro, e permítelle sumar uns valiosos puntos para aparecer este luns no posto 151 da clasificación mundial.
— Tenis España (@RFETenis) January 28, 2024
La gallega se hace con la victoria en la FINAL del #ITF W75+H de Oporto remontando a la polaca Maja Chwalinska 36 60 64.
¡Bravo, Jessica! pic.twitter.com/XHbT5FdR3F
Relacionadas:
-
Os Xogos Olímpicos de París, un soño difícil pero aínda posible para Jéssica Bouzas
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas gaña en Antalya e o tenis galego celebra un torneo WTA unha década despois
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas rompe outra barreira e clasifícase para a súa primeira final dun torneo WTA
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas, sen opcións na previa do WTA 1000 de Miami
Por Redacción |
-
O gran inicio de ano de Jéssica Bouzas elévaa ao posto 124 do ranking WTA
Por Diego Espiño |
-
Jessica Bouzas coróase en México
Por Almu Dapena |
-
Jéssica Bouzas cae na previa do Open de Australia fronte á india Ankita Raina
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas di adeus ao US Open en primeira rolda da fase previa
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, cada vez máis preto do Top-100 mundial tras facer final no W100 de Maspalomas
Por Diego Espiño |