O Museo de Pontevedra acada unha cifra histórica: 150.000 visitantes neste 2017
Por Redacción
Este mércores 22 de novembro o Museo de Pontevedra alcanzaba un récord histórico de visitantes ao pasar polos edificios desta entidade 150.000 persoas desde xaneiro ata agora.
Esta cifra supera con fartura as 107.478 visitas contabilizadas durante o ano 2016. Desde o departamento de Cultura da Deputación Provincial, o deputado Xosé Leal considera que este incremento de público débese ao traballo técnico realizado polo equipo do Museo, ademais de recalcar a importancia de apostar por novas maneiras de comunicar e lograr presenza entre a sociedade.
Neste sentido, Leal considera que o aumento de exposicións relacionadas con artistas emerxentes como é o caso do certame Novos Valores ou a liderada pola Colectivo Secuela, formado por recentemente graduadas da Facultade de Belas Artes, atraeron novos públicos ao Museo pontevedrés.
O 62% das visitas corresponde ás Ruínas de San Domingos con 92.944 visitantes, seguido polo Sexto Edificio e o Edificio Sarmiento. En canto ás exposicións temporais, ata o momento a que contou cun maior número de público foi a do fotógrafo Miguel Vidal presentada baixo o título de 'Soños' con 9.438 visitantes, seguida pola do pintor Manuel Moldes e a antolóxica de Luís Caruncho.
Relacionadas:
-
Jorge Castillo, toda unha vida de creación no Museo de Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
"Gustavo Almeida e amigos", no Sexto
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de 8.500 persoas visitaron a mostra sobre María Vinyals e os Novos Valores
Por Redacción |
-
'Os mundos de Carlos Casares' espállanse polo Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |