Unhas innovadoras 'catro estacións' abren o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
A Banda de Música de Pontevedra comezou con éxito unha nova edición do seu tradicional ciclo de butaca. Fíxoo este xoves cun concerto celebrado nun Teatro Principal que rexistrou unha fantástica entrada.
A agrupación pontevedresa deu o primeiro dos nove concertos que ofrecerá ata o próximo mes de maio. Foi unha proposta novidosa que, baixo o título As catro estacións, non se aproximou á coñecida obra de Vivaldi como poderiamos imaxinar polo seu nome.
Os músicos da BMP, que estiveron dirixidos polo seu director titular -Juan Lois Diéguez-, ofreceron un recital composto por pezas nas que diferentes autores se aproximan ás catro estacións do ano.
O repertorio estivo composto por obras do holandés Johan de Meij, o inglés Philip Sparke, e os estadounidenses Alfred Reed e Eric Whitacre.
A seguinte cita co ciclo de butacas da Banda de Música de Pontevedra será o próximo 12 de febreiro, de novo no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Compositores galegos actuais, protagonistas do último concerto do ciclo de butaca da BMP
Por Daniel Santomé |
-
176.500 euros para reforzar a traxectoria da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción |
-
A arte ao clarinete de Javier Vidal acompaña á BMP nun novo concerto do seu ciclo de butaca
Por Redacción |
-
Propostas "novidosas" e unha aposta por "músicos do país", claves do novo ciclo de butacas da BMP
Por Alejandro Espiño |