A arte ao clarinete de Javier Vidal acompaña á BMP nun novo concerto do seu ciclo de butaca
Por Redacción
O ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra (BMP) superou o seu ecuador. O Teatro Principal acolleu este xoves o cuarto dos oito concertos programados neste primeiro semestre do ano.
Foi o que protagonizaron os músicos da agrupación pontevedresa coa colaboración como solista do clarinetista Javier Vidal Sánchez.
O mozo pontevedrés, natural de Arcade e solista da Banda de Música da Coruña, compartiu escenario coa BMP nun concerto que volveu marabillar o público que enchía as butacas do vello auditorio.
O repertorio desta actuación estivo composto por pezas de Morton Gould, Arti Shaw e Leonard Berstein.
Tras este concerto, a seguinte cita do ciclo de butaca será o próximo 16 de abril, día no que a banda explorará novos territorios e se aproximará a compositores americanos.
Relacionadas:
-
Compositores galegos actuais, protagonistas do último concerto do ciclo de butaca da BMP
Por Daniel Santomé |
-
Unhas innovadoras 'catro estacións' abren o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Propostas "novidosas" e unha aposta por "músicos do país", claves do novo ciclo de butacas da BMP
Por Alejandro Espiño |