A empresa pontevedresa DISPAINT, líder no sector da distribución de pinturas en Galicia, cumpre 25 anos
Cos seus 2 almacéns centrais e as 10 tendas PINTUNOVA distribuídas pola xeografía galega tratan de estar preto de todos os seus clientes, coa maior seriedade e compromiso. Consideran que o asesoramento, a atención ao cliente e a posvenda son algúns dos seus piares, colocando a satisfacción do cliente, como un dos seus principais obxectivos.
Celebrárono recentemente con todo o seu equipo de traballo. Grazas a todos eles isto foi posible. Foi un día entrañable, cheo de grandes momentos que quedan para o recordo e sobre todo moito agradecemento polo traballo ben feito e a implicación constante de todos.
DISPAINT GALICIA trata de transmitir día a día os valores que o seu fundador, Manuel Garrido, leva no seu ADN: Seriedade, constancia, humildade e moito traballo. Grazas a estes principios e á fidelidade dos seus clientes, o crecemento foi constante durante estes 25 anos.
DISPAINT GALICIA soubo rodearse dalgúns dos mellores fabricantes nacionais: Blatem, Pinturas Juno, CIN‐ Valentine, Pinturas Adoral, Beissier, Graco, Irurena, Pentrilo, Sika. ¡E moitos máis!
As liñas de negocio e as gamas de produtos son moi variadas, procurando chegar a todos os sectores e públicos. Como eles mesmos din: Todo se pinta! Abarcan liñas de negocio tan distintas e á vez complementarias como a industria, protección anticorrosiva, illamento térmico (SATE), fachadas, pavimentos, impermeabilización, tarima, papel pintado, alta decoración.
Cóntannos que se aveciñan novos retos e proxectos. Están a facer un importante investimento en tecnoloxía e traballan de forma constante, para que estas novas ideas vexan a luz en 2024. Polo momento non queren avanzarnos nada máis. Esperamos poder contárvolo aquí, cando estes proxectos xa sexan unha realidade.
Neste 2023 tamén quixeron achegarse aínda un pouco máis aos seus clientes, ensinando como é o seu día a día e que solucións poden achegarlles. Fixérono con este vídeo e coa súa nova web corporativa www.dispaint.com.
Ademais con este amplo catálogo móstrannos todo o portfolio de produtos que DISPAINT comercializa. Máis de 7.000 referencias dos mellores fabricantes, para achegar cor, creatividade e solucións de todo tipo no noso día a día.
Auguramos grandes éxitos a esta grande empresa e seguiremos de preto a súa evolución, para traervos novas noticias.
Felicidades por estes 25 anos, pintándoo todo!