Comezan as ceas de Nadal e empresa en Restaurante 'Terra'
Con tan só un mes da apertura do Restaurante 'Terra' do grupo Trium, na Praza da Pedreira, o cambio do barrio foi total.
Daniel e Antonio, xerentes do devandito negocio, cóntannos que non puideron resistirse: "non foi tan só a oportunidade dun potencial negocio, senón a posibilidade de reabrir un dos lugares máis bonitos da nosa cidade e recuperar o espazo para que todos podamos gozar desta praza".
O resultado salta á vista, "foi un cambio radical dado que volveu a vida e a humanización da praza, pasando de ser un lugar só de paso a unha praza onde xa xogan os nenos".
En relación ao proxecto cóntannos que "dende o principio pensamos que tiñamos que facer un proxecto con produto da terra, utilizando para iso produtos galegos e coa facilidade que nos dá a localización á beira do mercado, con elementos sinxelos pero ricos, é dicir, unha cociña acorde coa contorna".
Tras un ano co proxecto, conseguiron abrir o mes pasado e por agora "estamos moi contentos coa acollida, sobre todo polas constantes mostras de agradecemento dos clientes por ser valentes e recuperar un lugar que lembraban que viñan tomarse algo ao Pino, fai xa moito. A recuperación do espazo supón unha mellora para o barrio, os veciños visítannos moi a miúdo, e sempre se achega alguén a contarnos a historia do edificio, que viviron nalgunha das rúas adxacentes, etc".
En canto a como se presentan o nadal, "estamos a ter moitísimas reservas xa de grupos grandes, que queren facer comidas ou ceas de empresa, comidas de amigos, petiscos de Nadal, etc., co que temos moitas ganas de que empece esta época que supón que máis xente poderá gozar deste espazo único".