Rouban nun supermercado de Loureiro Crespo tras esposar o encargado
Por Redacción
Ás 8:30 desta mañá, un home coa cara tapada, con lentes de sol e un pasamontañas, abordaba o encargado do supermercado Moldes situado na rúa Loureiro Crespo, cando o traballador abría o enreixado do establecemento. O asaltante empurrou e ameazou o encargado cun coitelo no colo para, a continuación, engancharlle unha man cunhas esposas metálicas. Unha vez dentro, levouno ata a oficina e alí deixouno despois do roubo.
Unha vez dentro do supermercado, o atracador púxolle uns esposas ao encargado e obrigouno a darlle todo o diñeiro que se encontraba na oficina do establecemento comercial. A cantidade alcanzaba os 11.000 euros. Unha vez que conseguiu o botín fuxiu do lugar deixando o operario do local esposado. Pasados uns minutos, a vítima logrou coller o teléfono e realizar unha chamada ao seu xefe, quen alertou á Policía Local e despois á Comisaría da Policía Nacional.
Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta están a investigar a autoría deste roubo con arma branca.