O 'artivismo' cóase nas aulas do Valle Inclán
Por Redacción
O alumnado da materia de Educación Dixital do IES Valle Inclán de Pontevedra remataba este luns a súa formación nos obradoiros de 'Artivismo', que tiveron lugar ao longo destas últimas dúas semanas, promovidos pola Coordinadora Galega de ONGDs.
Estas actividades foron impartidas pola ONGD galega Agareso, especializada en comunicación social, como parte do proxecto "Futuro en Común", e financiadas pola Secretaría de Estado para a Axenda 2030.
Os obradoiros buscan explorar o poder do 'artivismo' como ferramenta de concienciación e cambio social.
O 'artivismo', concepto que fusiona arte e activismo, é un medio poderoso para provocar reflexións e fomentar a acción a través de diversas manifestacións artísticas.
Figuras destacadas como o enigmático graffiteiro Banksy, o artista chinés Ai Weiwei e o colectivo feminista Guerrilla Girls exemplifican o impacto do 'artivismo' no diálogo social.
Unha vez rematada a formación, o estudantado pasará á fase práctica, onde creará dende cero unha acción de rúa centrada nun tema elixido polo propio grupo.
Este proxecto de produción implicará semanas de traballo e culminará cun acto reivindicativo, transformando as súas reflexións en una acción concreta.