Ferido un peón atropelado cando cruzaba nun lugar de baixa visibilidade no medio da choiva en Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un home resultou ferido a última hora da tarde deste venres nun atropelo rexistrado na rúa Antelo e Mariño de Poio. Un coche alcanzouno cando cruzaba a calzada no medio da choiva nun punto de baixa visibilidade.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o peón "cruzaba a calzada por un lugar prohibido", sen paso de peóns, nunha curva e "con baixa visibilidade ao ser de noite e con abundante choiva".
O turismo alcanzou o peón no centro da calzada e causoulle unha lesión de gravidade nunha perna.
O ferido foi trasladado por unha ambulancia a un centro hospitalario.