Difusión Felina comeza unha campaña de recollida de alimentos para gatos sen fogar
Por Redacción
Este venres comeza unha campaña da asociación pontevedresa Difusión Felina co obxectivo de recadar alimentos para os gatos que residen en colonias ou en casas de acollida. A campaña que se realiza en portas de establecementos comerciais tamén se desenvolve en mercadillos solidarios para que as persoas interesadas compren ou directamente realicen doazóns.
Esta medida é adoptada pola asociación porque decenas de gatos son abandonados cada ano, crecendo nas rúas e sendo, nalgúns casos, maltratados.
Durante este venres 10 e o sábado 11 de novembro, voluntariado de Difusión Felina recollerá alimentos na porta do supermercado Froiz situado en Juan Bautista Andrade.
Ao longo do 11 de novembro tamén terá lugar un mercado solidario na Peregrina, de 10.00 a 21.00 horas.
Os días 17 e 18 de novembro a campaña trasladarase ao Centro Comercial A Barca. Alí expoñeranse diferentes elementos con motivos gatunos e informarase sobre a actividade que desenvolve esta asociación cos gatos sen fogar, ademais de presentar pequenos felinos que se atopan en adopción.
Os días 8, 9 e 10 de decembro, a actividade realizarase en Carrefour en Salcedo. Nesta ocasión, os escolares poderán participar dunha sesión de maquillaxe con temática gatuna.
O 23 de decembro está previsto un mercado na Peregrina.
A organización sen ánimo de lucro lembra que os produtos máis necesarios son pensos, comida húmida e area.
Relacionadas:
-
187 gatos adoptados e 6.000 euros de déficit é o balance de Difusión Felina o pasado ano
Por Oskar Viéitez |
-
Coidadoras de gatos da rúa, o labor silencioso ao caer a noite
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
'Mamma Mía!' preséntase no Principal para acadar fondos destinados a protectoras de animais
Por Redacción |