Seis mil euros para que ningunha familia de Ponte Caldelas quede sen alimentos frescos en Nadal
Por Redacción
O goberno municipal de Ponte Caldelas volveu a aprobar unha liña de axudas destinadas a que ningunha familia do municipio quede sen alimentos frescos durante o próximo Nadal.
A esta medida, o Concello destinará uns 6.000 euros, aínda que adianta que esta cifra poderá incrementarse en función das necesidades das familias que a soliciten.
Os interesados xa poden solicitar estas axudas, que se repartirán con cheques de 100 euros.
Para poder optar a esta subvención, os beneficiarios deberán cumprir cos requisitos que marca a lei, en materia de ingresos mínimos por unidade familiar.