Mozos pontevedreses, as Noites Abertas xa están aquí!
As Noites Abertas xa están aquí. Desde esta fin de semana, miles de mozos pontevedreses participarán nas 117 actividades diferentes, máis que ningún outro ano, que se repartirán nos máis de tres meses que abarcará este programa, do 31 de xaneiro ao 3 de maio. O obxectivo, o mesmo desde hai 15 anos, ofrecer unha alternativa de lecer para a mocidade da cidade, concretamente aos que teñan entre 12 e 30 anos.
Tras unha xira sorpresa por todos os institutos públicos de Pontevedra para promocionar o inicio da nova edición de Noites Abertas, unha 'perfomance' realizada na Praza da Peregrína deu o pistoletazo de saída a máis de tres meses de propostas lúdicas, deportivas e culturais. Fíxoo cuns curiosos protagonistas, Laura y Ademar, dous gatos (símbolo desta edición de Noites Abertas) que atraeron a atención de numerosas persoas.
Esgrima, baile latino, taichí, masaxe tailandés, caixón flamenco, animación con stop-motion, ganchillo XXL, fotografía, sobremesas, talleres para deixar de fumar, mantemento de bicicletas, billarda, tiro con arco ou fútbol 7 son só algunhas das actividades para esta fin de semana.
Os horarios pódense consultar na web de Noites Abertas.
Trátase, en todos os casos, de actividades gratuitas que non requiren inscripción previa nin a achega de material de ningún tipo.