Vilaboa anima a ambientar de Nadal rúas e parques con materiais de refugallo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un ano máis, o Concello de Vilaboa convoca un concurso de decoración de Nadal co que busca animar á veciñanza do municipio a encher de colorido e ambiente os espazos comúns da localidade. Pero, desta vez, cunha perspectiva sostible e orixinal.
Así, a iniciativa está enfocada nesta ocasión a montaxes colectivas en barrios, parques ou rúas. Esta será a única categoría na que se poderá participar.
Os interesados terán que agruparse en asociacións, colectivos ou grupos para dar forma a unha ambientación navideña con material de refugallo preferentemente.
Haberá tres premios, dotados con 200 euros cada un. Premiarase a creatividade, a sensibilidade co medio ambiente e a decoración sostible e o espíritu de Nadal reflexado na colaboración entre a veciñanza e o traballo en equipo, recuperando os valores de barrio.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscripción entre o 15 de novembro e o 7 de decembro a través do rexistro do Concello ou do correo electrónico info@vilaboa.org.
As bases do concurso, que están a disposición da veciñanza na páxina web do Concello, recollen a obriga dos participantes de montar e desmontar os elementos decorativos, que estarán expostos do 10 de decembro ao 8 de xaneiro.
Un xurado visitará as composicións a partir do 17 de decembro e valorará o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o fomento de valores locais e a cantidade e tipoloxía dos materiais de reciclaxe empregados.
Relacionadas:
-
Vilaboa aposta polo consumo sostible no seu mercadiño de Nadal
Por Redacción |
-
Convocado o Concurso de Postais de Nadal para escolares de Vilaboa
Por Redacción |
-
O mercadiño de Nadal de Vilaboa instalarase este ano en Paredes
Por Redacción |
-
En marcha a campaña "Ningunha crianza sen xoguete" do Concello de Poio
Por Redacción |