Colas madrugadoras para viaxar co Imserso
Por Oskar Viéitez
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) puxo en marcha este xoves a venda do seu esperado programa de turismo social en once comunidades autónomas de España, entre elas a de Galicia marcando así o comezo da tempada 2023-24.
Os acreditados preferentes tiveron a oportunidade de reservar as súas viaxes este xoves, mentres que hoxe venres abriuse a venda para os non preferentes, polo que se formaron colas nalgunhas axencias de viaxes.
Aínda que as reservas poden facerse a través de internet, será pola chamada fenda dixital que a maioría dos usuarios continúan preferindo ser atendidos nas axencias.
Os prezos das viaxes variarán dependendo da zona, o tipo de transporte, a duración da viaxe e o tipo de aloxamento.
Por exemplo, as estancias de 10 días (9 noites) na zona costeira peninsular con transporte terán un custo de 290,07 euros, mentres que as estancias de 8 días custarán 228,93 euros. Para Baleares con transporte, 331,49 euros e sen transporte de 253,7 euros. Para as viaxes ás Illas Canarias con transporte, as estancias de 10 días serán de 435,95 euros.
Nunha consulta rápida entre os pensionistas que facían cola este venres pódese comprobar que o destino favorito son as illas, con preferencia do Mediterráneo sobre as Canarias.
Relacionadas:
-
O comedor escolar da Lama adhírese á campaña "Come local"
Por Redacción |
-
O 40% das persoas que visitaron as Rías Baixas en setembro procedían do estranxeiro
Por Oskar Viéitez |
-
O PP quere que o orzamento para o Nadal suba ata os 600.000 euros e que Lores non actúe como un "grinch"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Andainas de Outono, dúas rutas para coñecer a pé a riqueza ambiental de Marín
Por Oskar Viéitez |