Marín encenderá o 1 de decembro a súa iluminación de Nadal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O venres 1 de decembro. Esa é a data fixada en Marín para o encendido da iluminación que decorará as rúas e prazas do municipio durante as festas de Nadal.
A empresa encargada de este alumeado será a compañía Tecmodeco, con sede en Vilagarcía, que comenzará a instalar todos os elementos nas próximas semanas.
O Concello de Marín destinará a esta actuación 75.000 euros máis IVE, a mesma contía que o ano pasado. En total, uns 90.000 euros.
O obxectivo da contratación é o arrendamento, instalación, mantemento e desmonte das luminarias, así como os seus soportes e ancoraxes, que farán que as rúas e prazas de Marín respiren ambiente de Nadal.
Para a adxudicación do alumeado de Nadal tivéronse en conta as propostas económicas, pero tamén criterios de calidade e de experiencia de prestación deste servizo.
Ademais, valorouse de xeito principal a utilización de tecnoloxías que permitan o aforro enerxético e a sostibilidade medio ambiental.
A esta iluminación, o goberno municipal sumará a súa aposta polas estacións decorativas, que completarán á decoración para engalanar Marín, así como nas carpas Engado Marín e todas as actividades que entran dentro da programación municipal.