Apontoan provisionalmente o muro de contención do campo de fútbol do Príncipe Felipe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto ao deputado provincial Javier Tourís visitaron os traballos urxentes que acaba de iniciar a institución provincial para apuntalar provisionalmente o muro de contención situado no perímetro do campo de fútbol do Centro Príncipe Felipe. As obras teñen un importe próximo aos 30.000 euros e un prazo de execución de catro semanas.
A través desta medida, a institución provincial soluciona os esborralles detectados nunha inspección técnica en diversas zonas do fuste deste muro de formigón con respecto aos tramos de muro contiguos, é dicir, que están localizados nas zonas de xuntas.
Na inspección apreciouse unha falta de verticalidade no fuste, co que se puña en dúbida a súa estabilidade. Ante isto, as obras acometidas pola Deputación consisten na execución dunha zapata de formigón armado sobre a soleira existente, de 30 metros de longo. Sobre ela, colocarase unha estrutura triangular para a suxeición do muro.
O muro afectado, de formigón armado e de constitución en ménsula, ten por obxectivo conter o terreo e mais a explanada dun dos aparcamentos do complexo do Centro Príncipe Felipe, situado na zona norte, ademais de salvar a diferenza de cota entre o propio aparcamento e a infraestrutura deportiva.
Cómpre lembrar, ademais, que a Deputación aprobou recentemente a mobilización de 100.000 euros para a renovación da iluminación do campo de fútbol do complexo, cumprindo a demanda histórica dos clubs que o empregan a diario como campo de adestramento.
Relacionadas:
-
Invisten 140.000 euros para mellorar o alumeado e os vestiarios do campo de fútbol de Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Volven os adestramentos ao campo de Príncipe Felipe, pero os partidos terán que esperar
Por Redacción |
-
Novo paso para transferir os centros educativos ubicados en Príncipe Felipe da Deputación á Xunta
Por Redacción |
-
Obras na unidade de atención temperá do Provincial obrigan a trasladala a Príncipe Felipe
Por Redacción |