Vaipolorío lamenta que as "desavinzas" políticas demoren abrir a "cripta" do Gafos
Por Redacción
A asociación ecoloxista Vaipolorío, que desde hai tempo asumiu voluntariamente as tarefas periódicas de limpeza das augas do río Gafos, lamenta que estas "baixan revoltas" ante a incerteza que hai arredor do proxecto para destapar o treito soterrado do río.
Recordan que esta é unha "reclamación periódica" deste colectivo, que considera que, xunto co seu saneamento integral sería a "guinda" ao labor feito durante todos estes anos.
"Un río cuberto é una cripta. Non xermina nin se mantén a vida. Un río soterrado é unha vergoña que o pisa e humilla", subliñan desde Vaipolorío, que lamenta que esta actuación estea actualmente paralizada por "desavinzas políticas".
Este desencontro, engaden nun comunicado, "só fai que aumente o tempo de execución desta vella demanda", aínda que subliñan que se trata de cuestións técnicas nas que Vaipolorío "pouco ou nada podería aportar" porque o Concello ten técnicos "de reputado prestixio".
"Mentres non clarexen as augas dos que están condenados a entenderse, Vaipolorío non se vai posicionar politicamente. Non é a súa obriga e non o contemplan seus estatutos", di este colectivo, que manifesta que axudarán "no que poidamos e faga falta" para destapar o río.