Os defectos do novo vial de Montecelo son "única e exclusivamente" responsabilidade municipal, di a Xunta
Por Redacción
A problemática co novo vial perimetral de Montecelo, que deixou sen acceso ás súas leiras a varios propietarios, segue a dar voltas. Agora é a Xunta de Galicia a que se pronuncia, despois de que o alcalde de Pontevedra apuntara cara a administración autonómica por esta situación.
Desde o goberno galego aclaran que foi o Concello de Pontevedra o encargado de redactar o proxecto do vial de Montecelo e é o responsable tamén da súa execución.
A Xunta realizou o procedemento expropiatorio para a posta a disposición dos terreos necesarios para a realización das obras "de acordo co que figuraba no proxecto elaborado polo Concello".
"Se o Concello considera que o novo vial de Montecelo presenta defectos é única e exclusivamente a súa responsabilidade, xa que é o propio Concello quen redactou o proxecto e o encargado de levalo a cabo", subliñan desde a Consellería de Infraestruturas.
Para solucionar este asunto, engaden desde a Xunta, se podería modificar ese proxecto e expropiar máis terreo, para o que se ofrece a tramitar o procedemento expropiatorio.
En todo caso, "é esta unha cuestión que debe promover o propio Concello como organismo responsable do proxecto e da súa execución", sentencian.
Relacionadas:
-
Inaugurada a vía perimetral do Hospital Montecelo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
En vías de solución os problemas causados pola construción do vial de acceso ao novo Montecelo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello pedirá á Xunta que reformule o proxecto do aparcadoiro do Hospital Montecelo
Por Anxo Lourido |
-
O alcalde responsabiliza a Xunta das expropiacións da vía perimetral de Montecelo
Por Mónica Patxot & Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Domínguez ve "moi grave" deixar sen acceso aos propietarios das leiras do vial de Montecelo
Por Redacción |