RADIO.- Lei de benestar animal: "quíxose lexislar en moitas cousas sen concretar en nada"
Por Marisa Ciordia
Seguimos abordando noutro dos programas 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio a Lei de Protección dos Dereitos e o Benestar dos Animais. Continuamos revisando esta norma que entrará en vigor o próximo 29 deste mes de setembro con Luís Núñez Desiré, presidente do Colexio de Veterinarios de Pontevedra e presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios de Galicia.
Neste segundo podcast, facemos mención específica ao articulado que refire sobre as obrigacións que incumben aos gatos. Por exemplo a identificación e a esterilización, algo que a criterio de Núñez Desiré: "nas mascotas que teñen un propietario, non o vexo". Avanzando no seu artículado reitéranse conclusións xa mencionadas no programa anterior e é que non se precisan múltiples aspectos para a súa aplicación e seguimos atopando colisións con "cuestións que deberían ser competencia das administracións locais". É o caso da prohibición de animais en beléns, cabalgatas, procesións, romarías, eventos feriados...
Durante a charla seguen, de igual forma, xurdindo dúbidas que afectan e afectarán os propietarios de determinadas mascotas como son as condicións de habitabilidade ás que refire esta lei de benestar animal ou cal será o destino para aqueles animais que, unha vez entre en vigor deixe de estar permitida a súa tenencia. Pola contra, algúns aspectos si quedan meridianamente claros como é o feito de que os establecementos de mascotas non poderán seguir vendendo animais a partir do 29 de setembro de 2024; ou que esta normativa tamén "afectará negativamente a aqueles veterinarios que se especializaron en animais exóticos".
A modo de resumo final, Luís Núñez Desiré estima que "se quixo lexislar en moitas cousas sen concretar en nada".
Este podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se pode descargar desde a web de PontevedraViva Radio.