Beiras presenta 'Exhortación á desobediencia' no Valle Inclán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534814490aa04-20140124patxotbeiras064.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534813004bb8d-20140124patxotbeiras046.jpg)
© Mónica Patxot
O voceiro nacional da coalición Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) e deputado de Anova, Xosé Manuel Beiras, aos seus 77 anos, segue sendo un dos políticos que contan con maior poder de convocatoria e en todos os actos aos que asiste xera expectación. Así se puido comprobar este venres 24 no paraninfo do Instituto Val Inclán de Pontevedra que se encheu de público para escoitar as palabras do veterano líder de AGE durante a presentación do seu último libro titulado 'Exhortación á desobediencia'.
Durante a súa intervención, o político santiagués alertou do importante retroceso que se está a sufrir tanto na política e na sociedade durante estes últimos anos. Así o expresa tamén en 'Exhortación á desobediencia', unha obra publicada por Laiovento, na que recolle discursos e artigos de prensa publicados durante a súa última etapa.
O veterano deputado, que estivo acompañado durante o acto por Manoel Santos de Anova e polo filósofo Ramón Regueira, fixo un chamamento á desobediencia para a que afirmou que é moi necesaria unha boa organización.