A Garda Civil detén unha parella de Vilanova de Arousa con 4,2 quilos de haxix
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52e27c0c8c1a0-envoltoriosencavidadruedaderepuesto.jpg)
© Guardia Civil
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52e27c6e116c9-planchascongrabadodepajaro1.jpg)
© Guardia Civil
A Garda Civil detivo a D.P.F., de 30 anos de idade e á súa compañeira sentimental N.D.M., de 26 anos, ambos os dous veciños de Vilanova de Arousa, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas.
Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, sobre as 23:30 horas do xoves unha patrulla fiscal da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, cando realizaban un control de identificación de vehículos na rotonda Renza (acceso á VG-4.3), procederon a dar o alto a un vehículo Fiat Punto, no que viaxaban os dous detidos.
Unha vez identificado e nun superficial cacheo encontran media "landra" de haxix no peto do pantalón de D.P.F., polo que optan por realizar un rexistro ao citado vehículo.
Este rexistro deu como resultado a localización, no maleteiro do turismo e debaixo da roda de reposto, sete envoltorios que unha vez abertos se comprobou que contiñan haxix, botando un peso total de 4.208'8 gramos.
Por todo iso os axentes procederon á detención dos dous ocupantes e á incautación da mercadoría que xunto ao vehículo foron conducidos ás dependencias do Posto da Garda Civil de Vilagarcía, onde se instruíron as correspondentes dilixencias.
Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 dos de Vilagarcía, quen decretou o ingreso en prisión de D.P.F., quedando en liberdade con cargos a súa compañeira sentimental.