Organizan unha xornada para previr a violencia de xénero destinada a mulleres con fillos menores ao seu cargo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro de Información á Muller (CIM), dependente do Concello de Ponte Caldelas, e a Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia traerán o sábado 8 de marzo ao Centro Cultural o Programa Desconexión, especialmente dedicado a mulleres con fillos menores ao seu cargo.
Este programa consistirá nunhas xornadas de encontros lúdicos, deportivos e terapéuticos, que se celebrarán o sábado 8 de marzo a partir das dez da mañá.
Esta actividade será gratuíta e inclúe a comida que servirá tamén para fomentar a convivencia entre os asistentes. Aínda que hai un total de 60 prazas, para poder participar desta experiencia e por motivos organizativos, hai que inscribir previamente nas oficinas do Centro de Información á Muller, na Casa do concello.
Nesta ocasión a Xunta escolleu o Centro de Información á Muller de Ponte Caldelas para desenvolver o Programa Desconexión, pero mantén aberta a participación non só aos residentes neste municipio senón que tamén poderán inscribirse aquelas persoas que estean empadroadas noutros concellos limítrofes.
Para inscribirse nestas xornadas deberán facelo no CIM de ponte Caldelas e para maior información terán á súa disposición o teléfono 986 750013-extensión 4.