Unha muller de 32 anos, evacuada ao hospital tras sufrir un accidente en Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha veciña de Cambados de 32 anos resultou ferida na mañá deste domingo e tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés tras sufrir un accidente de tráfico.
Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, nun primeiro momento pensouse que a muller estaba atrapada no seu vehículo, pero finalmente non era así.
A muller ferida era a condutora dunha furgoneta que acabou envorcada na zona de Cacabelos, na parroquia de Vilariño.
Ademais de Emerxencias de Cambados, tamén actuaron a Policía Local de Cambados, unha ambulancia do 061 de Cambados e os Bombeiros do Salnés.
A muller foi trasladada en ambulancia ao hospital con mazaduras e dor cervical.