Compromiso político para axilizar a ordenación dos portos de Sanxenxo e Portonovo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia selaron unha alianza para axilizar o máximo posible a ordenación e planificación dos solos portuarios e revisar o plan de usos e o plan especial dos dous portos do municipio, o de Sanxenxo e o de Portonovo.
Así o acordaron o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, durante unha reunión na que abordaron diferentes temas de interese.
En canto ao desenvolvemento do concurso de ideas da remodelación do porto de Portonovo, ambos sentaron as bases para avanzar na tramitación do proxecto Novo Porto de Portonovo, proposta do estudo Redondo Valladares e Rodríguez SLP, valorada en 13,68 millóns de euros.
Martín interesouse tamén pola segunda fase de rexeneración da praia da Carabuxeira, sobre a que se acordou instar a Costas que axilice a tramitación para poder acometer a recuperación definitiva desta fronte litoral.
Tras a reunión realizaron unha visita o porto de Sanxenxo e comprobaron os avances da primeira fase de remodelación do porto que inclúe unha rampla axardinada, uns traballos incluídos na ampliación da concesión ata 2047.
Durante a visita ás instalacións portuaria tamén estiveron o patrón maior, Sauro Martínez, e a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza.
Relacionadas:
-
Vén abaixo o muro dunha vivenda na praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |
-
A nova rampla axardinada do porto de Sanxenxo, convertida ao fin en realidade
Por Redacción |
-
Case 15.000 plantas porán a 'guinda' á primeira fase da remodelación portuaria de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os doce proxectos cos que Telmo Martín quere liderar Sanxenxo cara 2027
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A transformación da fachada portuaria de Portonovo custará 15 millóns de euros
Por Redacción |