O cuatripartito reclamará a sede do Consello Regulador Rías Baixas para Cambados
Por Oskar Viéitez
O cuatripartito de Cambados formado por PSOE, BNG, Somos e Pode asinou esta semana o Pacto de Goberno, que inclúe, entre outros moitos compromisos, o de reclamar para a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, para a vila do albariño.
As formacións políticas que subscribiron o acordo para este mandato do alcalde Samuel Lago coinciden nesta reivindicación destacando a importancia que tería para a economía cambadesa poder arrebatarlle a Pontevedra a sede do Consello, que dende o ano 2003 está situada no Pazo de Mugartegui, ademais de supoñer un elemento moi relevante na promoción da vila.
O pacto do cuadripartito inclúe ademais outras cuestións programáticas como a recuperación do servizo nocturno da Policía Local, a solicitude de que se adapte o rendemento de uva por hectárea á produción real ou a creación dunha comisión da Festa do Albariño participada por axentes sociais e económicos, ademais de potenciar a Festa da Vieira e solicitar a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional.
Outros asuntos incluídos neste pacto de goberno son a creación do consello escolar municipal, a municipalización dos comedores escolares, a implantación en Cambados dunha sección da Escola Oficial de Idiomas, axilizar a concesión de licenzas, a rehabilitación do pazo de Torrado e a humanización da contorna de Santa Mariña.
Relacionadas:
-
O Plan director 2030 de Rías Baixas aposta por duplicar o valor da Denominación de Orixe
Por Oskar Viéitez |
-
Unións Agrarias alerta ante a posible entrada de uva foránea nas Denominacións de Orixe
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello do Grove busca persoal para traballar na Festa do Marisco
Por Oskar Viéitez |