Falece o paciente de gripe que se atopaba ingresado en Montecelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O primeiro falecido por gripe nesta campaña é un paciente de 77 anos que se encontraba ingresado no hospital Montecelo, segundo confirmaron fontes do propio centro hospitalario. A súa morte producíase durante a tarde do mércores despois de levar máis dunha semana ingresado no Complexo hospitalario pontevedrés.
Fontes do servizo de Saúde e Epidemioloxía de la Consellería de Sanidade sinalaron que nas últimas horas o cadro "se agravou e complicou" xa que presentaba factores de risco.
Dende o SERGAS agárdase que durante a próxima semana e a principios da seguinte se rexistre un "pico" da gripe, tras o que se espera que se rebaixen o número de casos en Galicia. E dende as mesmas fontes se sinala que cada ano adoita saldarse con dez falecidos por culpa do virus da gripe.
O 90 por cento dos casos nos que se require hospitalización corresponden ao virus H1N1, que se denomina gripe A.