Peche ao tráfico dun tramo da rúa Arcebispo Malvar
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Informa a Policía Local de Pontevedra que con motivo de obras na calzada da rúa Arcebispo Malvar, o próximo xoves 23 de xaneiro, péchase ao tráfico entre rúa Galera e rúa Condesa Pardo Bazán.
Os veciños e servizos desta rúa deberán entrar por Praza de España.
As obras terán unha duración de dous días (xoves e venres).