Rescatan un can desnutrido e "nunhas condicións pésimas"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os axentes da Policía Local de Poio rescataron este mércores a un can, dos considerados de raza potencialmente perigosa, tras recibir un aviso de que o animal se atopaba desnutrido e sen coidados.
O animal atopábase nunha casa abandonada "nunhas condicións pésimas, desnutrido, cheo de parasitos e vivindo entre excrementos", segundo relataron os axentes relataron. Ademais, "o cheiro do lugar era insoportable".
O can foi trasladado de urxencia ao veterinario e agora a Policía Local trata de localizar á persoa propietaria do animal para posteriormente informar á autoridade competente "segundo a gravidade das lesións e as conclusións dos informes veterinarios".
Rescate dun can abandonado
Intervención da Policía Local de Poio
© Policía Local de Poio