Restricións de tráfico o luns por obras na Avenida de Lugo
Por Redacción
Con motivo das obras de humanización na Avenida de Lugo, entre as glorietas de San Mauro e Xoan Carlos I, faise preciso pechar un carril de circulación.
Segundo informan dende a Policía Local de Pontevedra o luns día 20 péchase o carril de saída na Avenida de Lugo entre as glorietas de rúa San Mauro e Xoan Carlos I.
A mobilidade atoparase garantida circunvalando pola rúa San Mauro e Xoan Carlos I.
OBRAS DE HUMANIZACIÿN
As obras abranguen un tramo de preto de 300 metros de rúa, comprendido entre as rotondas da serraría e de San Mauro. Ambas rotondas serán ampliadas e completamente remodeladas, construíndo tamén novas beirarrúas para garantir a mobilidade peonil ao seu redor.
Os servizos e tubos soterrados serán completamente renovados para garantir unha durabilidade mínima de 25 anos e evitar así avarías na rede actual, obsoleta e deficiente.
O prazo de execución inicial das obras da Avenida de Lugo era de 12 meses pero foi reducido pola empresa adxudicataria da reforma a só 5,3 meses, polo que as obras estarán concluídas a principios do próximo verán.
O espírito do proxecto está no intento de embelecer unha entrada importante ao centro urbano e que agora presenta un aspecto totalmente inapropiado. Un dos principais obxectivos é dignificar unhas beirarrúas moi deterioradas e ordenar axeitadamente o aparcamento.
Na avenida de Lugo manteranse os dous carrís de circulación en ambos sentidos e senllos cordóns de aparcamento en batería. O lado dereito (sentido centro urbano) terá carácter de bulevar cun ancho duns 10 metros e dúas filas de árbores. O pavimento estará rematado en formigón negro. O lado esquerdo será pavimentado en lousa de cor laranxa e unha anchura de tres metros.
Relacionadas:
-
As obras da Avenida de Lugo estarán rematadas a primeiros de xullo
Por Redacción |
-
Adían o inicio da reforma da avenida de Lugo para non afectar ao comercio na campaña de Nadal
Por Redacción |
-
O Concello aproba un paquete de obras valorado en máis de tres millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
26 construtoras compiten por realizar as obras de reurbanización da Avenida de Lugo
Por Redacción |