Máis soberanía, identidade e lingua, as demandas do BNG polo Día da Matria
Por Redacción
Os xardíns de Rosalía de Castro en Ferreirós foron esta semana escenario dos actos conmemorativos do Día da Matria que este ano organizou o BNG de Poio e convertéronse nun lugar de celebración e reivindicación no que nos nacionalistas demandaron máis soberanía, identidade e lingua.
A cita, na tarde do mércores, comezou cunha sesión de contacontos a cargo de Bea Campos e logo realizouse un acto político no que falaron Írea Ferreiro, veciña de San Xoán e militante de Galiza Nova; Marga Caldas, voceira municipal do BNG; e o deputado autonómico, Luís Bará.
Luís Bará reivindicou a memoria histórica para poder lembrar todo o silencio e prohibición a celebración dun día coma este. Sinalou que o momento actual esixe reivindicar con máis forza para "resistir e combater a dereita máis rancia que quere diluír os nosos dereitos lingüísticos e identitarios".
Ao remate do acto, entregáronse bandeiras conmemorativas e unha copia do himno galego orixinal a todos os participantes.
Os organizadores fixeron un chamamento a que o día 25 de xullo todas as fiestras teñan bandeiras galegas "co orgullo que nos une de compartir o privilexio de seres galegas e galegas".