Liberan un falcón peruano atrapado nunha árbore en Vilalonga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellaría de Medio Ambiente recibiu este venres un aviso dun particular advertindo da existencia dunha ave rapaz atrapada nunha rama dunha árbore a máis de catro metros de altura, no lugar de Pedreiras, na parroquia de Vilalonga.
Tras verificar a alerta, o persoal do departamento municipal avisou ao servizo de Conservación da Natureza, co fin de que se fixese cargo do animal, así como ao servizo de Emerxencias de Sanxenxo, que se ocupou de liberalo. Unha vez desenganchado, comprobouse que se trata dun falcón peruano pertencente a un cetrero da zona.
A ave encontrábase en perfecto estado, polo que os axentes de ambas as dúas entidades entregáronllo ao seu propietario tras comprobar a súa documentación, ao ser unha especie regulada segundo o convenio CITES.