Atendida unha persoa con queimaduras tras arder dous vehículos no interior dun garaxe en Vilalonga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segundo informou o 112, unha persoa recibiu asistencia no centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo, polas queimaduras que lle produciu un lume iniciado nun turismo e que acabou afectando a un tractor e ao garaxe no que ambos os dous se gardaban.
Os feitos sucederon sobre as 13.12 horas no lugar de Piñeiros, na parroquia de Vilalonga. Foi un dos afectados quen alertou o 112, que pediu a colaboración dos Bombeiros do Salnés, do servizo municipal de emerxencias, Garda Civil e Policía Local.
Tamén foron informados os servizos sanitarios de urxencia e a tripulación do helicóptero medicalizado con base en Santiago, cuxa intervención finalmente non foi necesaria.