O rei emérito volverá a Sanxenxo despois das eleccións para participar nunha regata
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O rei emérito Juan Carlos ten previsto regresar a Sanxenxo para participar na regata programada os días 28, 29 e 30 polo Real Club Náutico, que decidiu pospoñer esta proba deportiva que orixinalmente estaba anunciada para o 10 de xullo.
Trátase da regata que tivo que suspenderse o pasado mes de xuño pola previsión de mal tempo e que servirá ao Bribón para preparar o campionato mundial da categoría 6m que se celebrará a finais de agosto no Reino Unido.
Esta terceira visita a Sanxenxo desde a súa marcha a Abu Dabi e producirase poucos días despois das eleccións xerais.
Nesta ocasión, do mesmo xeito que sucedeu na súa segunda visita durante o mes de abril, espérase que Juan Carlos I siga mantendo un perfil discreto coa intención de normalizar as súas estancias en España.