Setenta quilos de sardiñas para dar a benvida ao verán na Casa Rosada
Por Redacción
O Concello de Poio organiza este venres 7 de xullo unha sardiñada na finca da Casa Rosada para dar a benvida ao verán.
Como é tradición, o primeiro venres de xullo organízase unha xornada festiva no centro social para a veciñanza de idade, co obxectivo de pasar unha tarde de lecer.
Pero, sobre todo, este evento é unha oportunidade para xuntar a todo o alumnado que ao longo do ano participa nas diferentes actividades municipais.
A entrada será de balde. A velada estará amenizada con música a partir das 18.00 horas e o reparto das racións de sardiñas con pan de millo comezará a partir das 19.00 horas.
En total, repartiranse aproximadamente 70 quilos de sardiña e 40 de pan de millo.
Persoal do Concello será o encargado de realizar a sardiñada.