O Concello habilita unha senda peonil no acceso a Punta Montalvo para mellorar a seguridade viaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b5b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/649d97ed4d-ydray-1.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a9f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/649d9844e7-ydray-4.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo está a levar a cabo unha mellora de seguridade viaria no acceso a Punta Montalvo coa creación dunha senda peonil e a aplicación de sentido único para vehículos.
A contorna conta cun elevado tráfico rodado e peonil durante a tempada estival debido ao crecemento residencial da zona e a presenza de tres cámpings con máis de 1.000 prazas.
A actuación permitirá camiñar de forma segura e evitará os problemas circulatorios que se producen no verán debido á estreiteza dos viais e o alto número de vehículos que transitan pola zona. O ensanche dun dos viais fixo posible a ordenación de novas prazas de estacionamento e a continuidade da senda ata a praia de Bascuas.
A senda contará con sinalización horizontal combinando liñas continuas brancas e vermellas, así como o debuxo dun peón, seguindo o deseño doutras sendas que xa se fixeron noutros puntos do municipio.
Os cambios contarán tamén con sinalización vertical. A velocidade quedará limitada a 30 quilómetros por hora.
Relacionadas:
-
Música, cinema, arte, maxia, tradición e espectáculos enchen a programación de verán de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Adxudicada por 23,2 millóns de euros a ampliación da depuradora para Sanxenxo e Poio e o emisario submarino
Por Redacción |
-
José Flores anuncia reforzos sanitarios este verán para Sanxenxo e O Grove
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo alega o plan de fibra óptica do Goberno para incluír zonas de Dorrón e Noalla
Por Redacción |