Compromiso para acometer este verán traballos de limpeza e tratamento nas cubertas e canlóns do Froebel
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot
Representantes da Unidade Técnica da Consellería de Educación e técnicos municipais visitaban este venres o Colexio CEIP Froebel e alí analizaban o estado en que se atopa para estudar as intervencións detectadas durante este último curso con filtracións de auga, denunciadas pola ANPA do centro pontevedrés.
Os arquitectos e aparelladores revisaron as baixantes e as arquetas para comprobar se existía algunha obstrución, ademais dos canlóns e cubertas da instalación.
Despois desta revisión, o Concello de Pontevedra comprométese a proceder á limpeza de todos os faldones de cubertas e canlóns. Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten previsto repoñer as baixantes da cuberta dos patios, reparar os canlóns que se atopan deteriorados e os policarbonatos dos lucernarios. Tamén se aumentará a sección das baixantes das cubertas co obxectivo de que recollan mellor a auga.
Segundo informa a administración autonómica, a Xunta realizará estas obras unha vez que o Concello finalice os traballos de limpeza ao longo do verán.
Desde a Consellería insisten en que se mantén intacto o compromiso da Xunta para abordar a terceira fase das obras. Sinala que están ultimando o proxecto da reforma e, unha vez finalizado, iniciarase o proceso de licitación para executar a obra no ano 2024.
O investimento previsto para esta fase alcanza a cifra dun millón de euros e supoñerá o cambio das cubertas, renovación dos baños, da instalación eléctrica e dos pavimentos do colexio.
Relacionadas:
-
Flotadores e lentes acuáticas ás portas do colexio Froebel para denunciar as pingueiras
Por Anxo Lourido |
-
Volve entrar auga no interior do colexio Froebel, tras un verán de obras no tellado
Por Anxo Lourido |
-
Inician a renovación das cubertas e canlóns do CEIP Froebel
Por Anxo Lourido |
-
O mantemento dos colexios públicos comeza coa limpeza da cuberta do Froebel
Por Redacción |
-
A Consellería de Educación busca cos técnicos municipais unha solución de urxencia para o CEIP Froebel
Por Anxo Lourido |
-
É unha piscina? Non, é unha nova inundación no patio interior do colexio Froebel tras as fortes chuvias
Por Anxo Lourido |
-
O Concello lembra á Xunta que a reforma do Froebel téñena paralizada desde o 2011
Por Manu Otero |
-
A Xunta revisará o proxecto da reforma do colexio Froebel para acometer unha rehabilitación maior da prevista
Por Oskar Viéitez |