Así é o reparto de áreas de xestión entre os concelleiros de Poio
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Poio, Ángel Moldes mantivo este mércores unha reunión de traballo cos funcionarios e traballadores municipais na que deu a coñecer o reparto de responsabilidades e delegacións entre os concelleiros.
Moldes destacou que "Poio terá este mandato un único alcalde e un único equipo, que traballará de xeito cohesionado, transversal e unido para todos os veciños sen excepción, e que contará cun único orzamento, que se destinará a atender as prioridades dos veciños e non as do Goberno".
Un goberno que estará directamente coordinado polo alcalde que tamén se fará cargo das áreas de Economía e Facenda, Mar e Participación Veciñal, porque, asegura, "este mandato estará centrado no diálogo, nos feitos e na atención ás persoas, en dar resposta ás reclamacións que están pendentes de solución desde hai décadas e preparar ao concello para os retos do futuro".
O concelleiro Marcial García dirixirá Obras, Servizos e Parques e Xardíns. Manuel Domínguez Álvarez será responsable de Medio Ambiente. María Natividad Torres desenvolverá as delegacións de Benestar Social e Igualdade. Natalia Sabarís será a concelleira responsable de Cultura e Educación.
Pola súa banda, María José González farase cargo de Promoción Económica e Seguridade Cidadán e Cándido Muíños levará Deportes, Patrimonio Histórico e Persoal, sendo Francisco Javier da Silva o responsable de Festexos.
Ademáis, Rocío Cochón terá as competencias de Urbanismo e Turismo e Tamara González asume Saúde, Mocidade, Transparencia, Espazos Cidadáns e Novas Tecnoloxías.
Relacionadas:
-
Os socialistas critican a Ángel Moldes por "converterse a si mesmo no alcalde mellor pagado da historia de Poio"
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza por Campelo a posta a punto de todas as praias de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O Capítulo da Orde Mercedaria reunirase en Poio para falar de proxectos de futuro
Por Oskar Viéitez |
-
Entrega de medallas, homenaxe a Nito, pregón e chupinazo por San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
O novo Goberno de Ángel Moldes pon en marcha un plan de limpeza no concello
Por Redacción |
-
"Agora mesmo a maioría das partidas do orzamento están esgotadas", desvela o alcalde de Poio Ángel Moldes
Por Oskar Viéitez |
-
Ángel Moldes é investido alcalde de Poio e entrégalle o bastón de mando Luciano Sobral
Por Oskar Viéitez |