Dúas persoas evacuadas por inhalación de gas en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dous veciños de Sanxenxo sufriron unha intoxicación de carácter leve por inhalación de gas durante a pasada noite debido a un posible escape de gas na vivenda na que residen no número 78 da rúa Madrid.
Os bombeiros do Salnés recibían a alerta ás 21:50 horas e trasladábanse ata o domicilio. Segundo informaron, as dúas persoas foron evacuadas e, cando chegaron os efectivos, a vivenda encontrábase ventilada. Deste xeito, a medición para detectar os niveis do escape non resultou frutífera. Os bombeiros, segundo os primeiros indicios, entenden que se puido producir nalgunha instalación do piso.
Os dous afectados foron trasladados polo 061 a un centro hospitalario.