Medio cento de veciños de Poio xa fixeron uso das biotrituradoras municipais
Por Redacción
A día de hoxe preto de medio cento de persoas fixeron uso do servizo municipal de préstamo de biotrituradoras, que leva operativo desde finais do primeiro trimestre do ano.
Estes dispositivos poden solicitarse de xeito temporal chamando ao teléfono habilitado polo Concello de Poio (986 770 001) ou poñéndose en contacto coa mestra composteira no 604025288.
A recollida da maquinaria realízase en horario de mañá na Reiboa, A Seca.
O Concello adquiriu un total de dez biotrituradoras ao abeiro unha achega de fondos europeos obtidos a través da Xunta de Galicia, que se invisten na realización de iniciativas e medidas encamiñadas a cumprir cos obxectivos que marca a nova Lei de Residuos.
Todas as persoas empadroadas no municipio teñen a posibilidade de solicitar o empréstamo destes dispositivos para levar a cabo traballos de tratamento e eliminación de restos de podas de maneira axeitado.
Deste xeito, o que se busca é reducir ao máximo posible a realización de queimas, ao tempo que se redunda noutros beneficios como é a elaboración de estruturante para composteiros.
No momento no que se fai entrega das biotrituradoras os usuarios tamén reciben unha pequena guía rápida na que se explica o seu uso.
Por outra banda, este xoves 8 de xuño, desde as 19.30 horas, a mestra composteira impartirá unha charla informativa no Centro de Formación da Reiboa sobre o uso e beneficios dos composteiros individuais.
Con respecto a este servizo, tamén se mantén aberta a posibilidade de solicitar estes recipientes, contactando nos números de teléfono anteriormente expostos.