RADIO.- A psiquiatra Anabel González publica unha guía para "aliviar o malestar psicolóxico"
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
'¿Por dónde se sale?.Cómo deshacer el miedo, aliviar el malestar psicológico y adquirir un apego seguro' fala de "o medo e a seguridade. O roteiro do medo á seguridade. A proposta é que a solución ao medo non é a calma senón que vaiamos axudando a que se desenvolva a seguridade". Así o explica a súa autora, a psiquiatra e psicoterapeuta Anabel Gonzalez. Traballa no Sergas (CHUAC); preside a Asociación EMDR España e tamén é autora de varios libros sobre saúde mental.
Falamos con ela no podcast 'Cara a cara' de valentías, de medos, de ansiedades e de pánico, de dores que se somatizan por non escoitar as emocións, de mirar aos ollos, de ser resilientes ou ser resistentes e tamén de soñar para lembrar e soñar para esquecer. Cuestións todas elas na que entra a doutora Anabel González neste último libro que acaba de publicar.
Aproveitamos que temos a unha profesional da saúde mental para preguntar a súa opinión sobre un feito: España é o primeiro consumidor mundial de benzodiacepinas. Unha circunstancia que resposta a "moitas cousas diferentes. O noso sistema sanitario está como pode, tirando a mal e a atención en saúde mental tamén bastante mal e cando non hai espazo para achegar terapias máis psicolóxicas o máis rápido é dar un medicamento e dar un ansiolítico ademais" reflexiona no inicio da resposta que se pode escoitar ao completo na ligazón que se adxunta e descargar o podcast na web de PontevedraViva Radio.