Curso de informática en Ponte Caldelas para favorecer a inserción laboral
Por Redacción
O Centro Cultural de Ponte Caldelas acolle un curso de especialización informática destinado a persoas que se encontran no paro co obxectivo de que poidan combater o desemprego no municipio. O curso enmárcase dentro das actuacións deseñadas dende a Axencia de Emprego e Desenrolo Local e impárteno docentes que de xeito didáctico e eminentemente práctico buscan que os alumnos se especialicen en diversos programas ofimáticos de aplicación habitual en empresas.
A intención destes cursos é que os participantes adquiran experiencia e destreza para poder acceder ao mercado laboral.
Dende o Concello de Ponte Caldelas anúnciase que, nas próximas semanas, se poñerán en marcha novas iniciativas formativas para cidadáns que se encontren no paro e que están deseñadas tendo en conta a realidade laboral do municipio.