Froiz consegue o selo ambiental "Residuo Zero" para os seus centros loxísticos de Lourido
A empresa FROIZ avanza no seu compromiso co medio ambiente e a sostibilidade, e as súas plataformas centrais de Lourido, Poio (Pontevedra) obtiveron o selo ambiental "De Residuos a Recursos: Zero a vertedoiro" outorgado pola empresa Saica Natur e avalado pola certificadora multinacional alemá TÜV SÜD.
Esta certificación reafirma o compromiso, unha vez máis, da empresa Froiz co medioambiente e a sostibilidade e acredita que o 97,36% dos residuos xerados en tendas e devoltos mediante loxística inversa aos centros loxísticos de Lourido, Poio (Pontevedra), son reciclados ou valorizados, evitando consecuentemente que eses residuos terminen no vertedoiro.
Datos reciclado 2022
A empresa conseguiu reciclar preto de 6.000 toneladas de residuos en 2022:
- Caixas poliestireno expandido: 68.600 quilos
- Plásticos: 448.706 quilos
- Papel e Cartón: 4.909.603 quilos
- Caixas de madeira e plástico: 346.615 quilos
Este certificado de Saica Natur "De Residuos a Recursos: Zero a vertedoiro" avala a xestión da empresa Froiz, cuxo obxectivo é reducir o seu impacto ambiental e crear fluxos circulares en todos os seus residuos, evitando o vertedoiro e achegándose cada vez máis á economía circular. Neste sentido, a clave do éxito deste proxecto recaeu na implicación diaria de todos os profesionais de Froiz, que co seu traballo e colaboración promoven de forma directa o avance cara á economía circular, a sostenibilidade e o coidado da contorna.
Ana López del Olmo, directora de Calidade do Grupo Froiz, sinala que "A obtención desta certificación é un reto enmarcado dentro do noso compromiso coa sostibilidade que contribúe a promover o impacto ambiental positivo na contorna avanzando cara a un modelo de economía circular e de redución da nosa Pegada de Carbono". Pola súa banda, Esther García Fernández, xefa de vendas en Saica Natur Galicia, destacou: "Estamos moi orgullosos de acompañar a Froiz no seu camiño para integrar a sostibilidade como un motor de crecemento no seu modelo de negocio. Este novo fito xorde dun traballo conxunto por parte de ambas as compañías desenvolto ao longo dos últimos anos".
Economía circular
No seu compromiso pola economía circular, a empresa Froiz dálle unha segunda vida aos residuos de papel e cartón xerados. Así no ano 2022, volveu a introducir no mercado 18.750.000 caixas novas que foron fabricadas co cartón reciclado pola empresa.
E das toneladas de polietileno de baixa densidade que se recuperaron, Froiz destinounas á fabricación de 1.200.000 metros cadrados de filme estirable reciclaxe (utilizado para a agrupación de palets). Un material máis sostible que o fabricado con polietileno virxe. Dentro desta circularidade, tamén se atopa o proxecto da fabricación das bolsas corporativas que están á venda na liña de caixa, que actualmente están fabricadas con máis dun 80% de material reciclado anónimo, e está previsto que en breve procedan das toneladas de plástico xerado por Froiz.
Outras medidas de sostibilidade, xa implantadas, pola empresa Froiz
- Está adscrita ao Sistema Integrado de Xestión (SIG) de Ecoembes.
- Grazas ao uso de palets pooling de Chep España reutilízanse ao ano 330.000 palets. Ademais, o 100% da madeira destes CHEP palet está certificada cos selos FSC e PEFC.
- Pesca sostible. Foméntase o consumo de produtos de acuicultura sostible a través da comercialización de peixes co selo "Crianza Dos Nosos Mares". Apóiase a pesca de proximidade coa compra de peixe e marisco a confrarías locais e a mellora continua en canto a métodos e artes de pesca.
- Participa no plan nacional de AECOC contra o Desperdicio alimentario, que busca reducir o desperdicio de alimentos en toda a cadea alimentaria.
- Venda de produtos frescos de quilómetro cero ao dispor do cliente en tan só 24-48 horas.
- Realiza promocións e/ou doazóns de produtos cuxa data de caducidade está próxima.
- Venda de produtos por unidades, o que facilita que o cliente compre a cantidade que realmente necesita (3 toros, 2 filetes, 1 limón…), sen necesidade de adquirir máis unidades.
- Eliminación das bolsas de plástico. Uso de envases e embalaxes máis sostibles.
- Selos ambientais FSC e PEFC en folletos, tickets da compra, caixas de cartón e bolsas de papel.
- Ticket electrónico para as compras de traballadores e clientes en liña.
- Innovación en climatización e refrixeración das instalacións.
- Preto do 40% da enerxía eléctrica que se consome nun ano procede de fontes renovables.
- Máis de 5.200 metros cadrados de paneis solares fotovoltaicos instalados que permiten o autoconsumo e o aforro enerxético.
- Vehículos eléctricos para o envío de pedidos.
- Renovación da frota de camións e turismos por modelos máis eficientes enerxeticamente.
- Puntos de recarga de vehículos eléctricos para o uso dos nosos clientes nalgúns centros Froiz.
Relacionadas:
-
Froiz estrea anuncio de televisión do Sorteo de 1.000 cestas de Nadal
Por Noticia patrocinada |
-
Froiz abre este venres o seu 'cash' no Vao e ultima o seu renovado supermercado de Echegaray
Por Alejandro Espiño |
-
Froiz prevé aumentar entre un 20 e un 30% o seu persoal co seu novo centro operativo en Barro-Meis
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga & Mónica Patxot |